Os nosos servizos caracterízanse pola óptima relación calidade-prezo dos traballos, a atención personalizada, o deseño a medida do cliente, o compromiso de entrega, a variedade de servizos ofertados e o coñecemento da realidade dos sectores aos que se dirixen as nosas actividades.
Durante o ano 2007 ARDORA FORMACIÓN Y SERVICIOS, S. COOP. GALEGA participou no proxecto “NEXUS REDE”, FERRAMENTA DE XESTIÓN E CALIDADE, RESPONSABILIDADE SOCIAL E PRINCIPIOS COOPERATIVOS, desenvolvido pola Federación de Empresas Cooperativas SINERXIA, estudando e desenvolvendo a integración na súa xestión das variables que conforman a responsabilidade social.
Deste proxecto extractouse un informe de melloras sobre os diferentes ámbitos –cooperativismo, sociolaboral e medioambiental- que incorporamos para mellorar a nosa xestión empresarial.
Ademais, a empresa ten elaborado e implantado un Plan de Conciliación da vida persoal e laboral dirixido a persoas socias e traballadoras da cooperativa.

