Participamos activamente na promoción e divulgación do cooperativismo e da cultura cooperativa colaborando en distintos proxectos e actividades formativas:
- Impartición de relatorios en diferentes xornadas de Promoción do Cooperativismo.
- Participación en estudios sobre a situación do cooperativismo en diferentes ámbitos como o Estudio Diagnose sobre a situación das cooperativas de traballo asociado no Concello de Vigo enmarcado no Plan local de promoción do cooperativismo de traballo asociado no Concello de Vigo, e o estudio O Cooperativismo no mar: Evolución Histórica, Situación actual e Potencialidades, promovido pola Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.
- Colaboración co Centro Tecnológico del Mar- Fundación CETMAR na organización e dinamización da viaxe formativa complementaria ao curso Cooperativismo e Desenvolvemento Local, promovido pola Consellería de Traballo e Relacións Laborais.
ARDORA FORMACION Y SERVICIOS, S. COOP GALEGA ten establecidas redes de intercooperación con varias cooperativas e entidades asociativas da economía social.
Ademais, é socia da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado EIXO, da cooperativa de consumo consciente ARBORE e da cooperativa de servizos financeiros Coop57, formando parte do grupo promotor da Sección Territorial de Galicia.

